3/10/08

Mary Poppins está esgotada


Quen non soñou con ter unha atenta Mary Poppins para velar os seus soños, ordenar os seus xoguetes ou alegrar as súas tardes de soidade infantil?

Que non querería ter a maxia de Mary para facer de cada día algo inesquecible?

As familias do século XXI precisan de tantas Mary Poppins que as axencias non dan feito.

Total, que a pobre Mary anda pluriempleada e esgotada, de casa en casa, de vila en vila.

Cada vez que cambia o vento parte na procura doutra familia á que "espertar" da súa ridícula obsesión polo que NON É IMPORTANTE.


mary poppins


Pais e nais que traballan sen descanso, que chegan á casa á noitiña para bicar e despedir aos seus fillos xa camiño da cama e que envidian a deliciosa maxia de Mary.

Ademáis da fermosísima película de Disney,de 1964, podemos coñecer a Mary a través da novela de Pamela L. Travers que lle deu vida e que da pe a comentarios coma este:






"poucos leron a historia de Pamela L. Travers, un relato cargado de ambigüidade, fantasía e un toque gótico absolutamente encantador"

A editorial Juventud e Alianza editorial nos ofrecen esa oportunidade.

Eu adoro a Mary Poppins,e vos?

7 comentarios:

  1. É certo que un personaxe especial, pero ten un "defecto": cando se lle colle cariño... desaparece!

    ResponderEliminar
  2. Tal vez aí resida o seu engado. Déixache co azucre nos beizos ("con un poco de azucar...") e marcha antes de que lle atopes os defectos.

    ResponderEliminar
  3. Pois a min sempre me pareceu un pouco repelente. Prefiro a Merri Popins dos Simpson. A obsesión pola perfección leva a descoidar outras cousas máis importantes

    ResponderEliminar
  4. Nunca estaremos de acordo. Recoñezo a súa aceda crítica social pero considero aos Simpson vulgares, ramplóns e dende logo, pouco recomendables para rapaces.

    ResponderEliminar
  5. Máis cercanos ao mundo real que a Poppins, e ,non tan ao fondo, mostran unha familia que pese a todo quérense moito máis que moitos perfectas que vemos todolos dias

    ResponderEliminar
  6. Existen as familias perfectas?

    ResponderEliminar
  7. Velaí a proba do seu amor
    [http://i138.photobucket.com/albums/q247/mitolperu/homer20bart.jpg]

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN