4/10/08

"A LA PATA COJA", J.A. Goytisolo

Hai quen rexeita a poesía chamada "para nenos" porque non a considera unha creación de calidade, senón un mero divertimento. Aínda que así fose, que ten de malo divertirse?

Xa temos dito nalgunha ocasión que a poesía non sabe de idades, nin clasificacións. Sorprendémonos ao ler poemas de - supostamente - "serios, sesudos e cultísimos" autores que demostran a súa habilidade para xogar coas palabras e para crear divertidas rimas. Nunha entrada anterior podiamos ler un poema de José Ángel Valente, un texto moi sinxelo, que non simple. Hoxe presentámosvos unha composición de José Agustín Goytisolo, do seu poemario Los pasos del cazador. Este autor barcelonés, irmán dos tamén escritores Juan e Luis Goytisolo, pertence á chamada "Generación de los 50" e é considerado un autor de culto polo seu compromiso moral, social e político. Non obstante, o poema elexido nesta ocasión ten un ton moi diferente. Valorade vós mesmos:
A la pata coja
de los caramelos
y las avellanas
que cuánto te quiero.

A la pata coja
de las aceitunas
de las empanadas
que cuánto me gustas.


A la pata coja
de los almendrados
y las uvas pasas
bailaré a tu lado.

Este poema procede dunha canción de xogo infantil da zona de Extremadura e ben pode ser aprendida polos nosos alumnos e alumnas, máis ou menos cativos, para ser recitados na clase.
Facede a proba e xa nos contaredes. A poesía nunca defrauda!

1 comentario:

  1. Fantástico cambio de imaxe,
    precioso poema, un blog como hai poucos. Noraboa!

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN