9/10/08

“Autobiografía de un cobarde”, de Alfredo Gómez Cerdá

A última novela xuvenil de Gómez Cerdá é o relato en primeira persoa de Eduardo, un “cobarde”. Eduardo recoñece non saber escribir e prescinde de outros signo de puntuación que non sexas os puntos, admiracións ou interrogacións. Considera que as comas e os puntos e coma enchen os libros de palla. El non quere escribir palla, só o que lle aconteceu, dun xeito claro, sinxelo e directo. Edu non quere ser un escritor, só un adolescente coma outro calquera.

Esta novela vos fará reflexionar sobre o valor da amizade e sobre os límites da mesma, sobre o racismo e a xenofobia e, sobre todo, sobre a importancia de tomar as decisións por un mesmo.

Edu quere ser fiel aos seus amigos (“de toda a vida”), non quere decepcionar aos seus pais e non quere perder ao seu recén estreado amor. De feito, despois de coñecela, Edu cambia:


”Ahora sí que me gustaría ser escritor. Y de los buenos. (…) Pam no abandonará nunca mis pensamientos. Jamás. Soy capaz de afirmarlo con rotundidad.”


amistad

Semella unha novela máis de temática adolescente? Pois non o é.

Anímate, ven a por ela!

1 comentario:

PASEN E VEXAN