30/10/08

AI, MAMAÍÑA, QUE MEDO!!

Xa coñeces a nova sección da Biblioteca, o PUNTO DE INTERESE. O mes de novembro está dedicado ao MEDO. Ofrecemos unha escolma de materiais bibliográficos relacionados co medo, o terror, os pesadelos, os sustos, as bruxas, os trasgos, as pantasmas, os misterios, a morte, os esqueletes...
A selección de audiovisuais comprende películas de ficción como Los otros, Poltergeist, Sleepy Hollow ou Monster house.
Hai materiais para todas as idades e gustos e, por suposto, poden ser levados en préstamo.
Se es un covarde non pases pola biblioteca!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN