10/9/08

BENVIDOS

Hoxe é o día.
Volvedes ás clases coas pilas cargadas, con ganas de ver aos amigos, de saber quen será o voso profe, de entrar nunha aula nova, un curso máis arriba.
Hoxe é o día de escoitar "canto medrachedes!, que longo tes o pelo!, que cambiados estades!" e de contar as novidades e as aventuras do verán: unha bici nova, unha viaxe en barco, unha nova amizade, tal vez un romance, unha excursión, unha visita inesperada ...
Hoxe é un día doce, doce coma un caramelo.


Caramelos Sugus 2


Hoxe o cole volve á vida. Manolo está contento, a BIBLIOTECA está preparada para recibirvos (repleta de novidades e proxectos para vos) e o EQUIPO moi ilusionado.
Hoxe comezan as emocións, os descubrimentos, as aventuras, a diversión.


Benvidos todos, será un curso doce, doce coma un caramelo.



Caramelitos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN