9/7/08

VACARE, LEGERE, ITER FACERE


É tempo de vaguear, de ler, de viaxar.

A Library of Congress nos invita neste fermoso video a unha viaxe literaria. Nós dende Ars Legendi, tamén queremos invitarvos a viaxar lendo e a ler viaxando.

Podemos preparar as nosas vacacións lendo unha boa Guía de Viaxe, indispensables para preparar as visitas, os itinerarios, onde comer ou onde aloxarse (El País, Lonely Planet, Audi-National Geographic ou as Guías do Trotamundos).

Ou tamén viaxar relaxados, sen colas nin gastos, dende a casa, no xardín ou na praia, a través de fermosas obras de literatura de viaxes.

Podemos soñar con apaixoantes e curiosos destinos a través de fantásticas páxinas de viaxes como: Las escapadas, Viatgeadictes, Curious Expeditions, Diario del Viajero ou Rincones Lejanos.

E ollo, non esquezades nunca levar unha libreta en branco, o voso particular diario de vacacións, onde recoller experiencias, emocións, cores, sabores, lecturas, amores...

Aquí tedes un fermoso exemplo:

( Non deixedes de visitar a páxina do ilustrador e acuarelista Enrique Flores, autor deste e moitos máis diarios deliciosos)

BOA VIAXE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN