23/7/08

DONA MARMOTA PECHA A BOCA

 

blue__atardecer_farola_ares

Sen case darmos conta chegou por fin a data. Remataron as obrigas laborais para toda a familia, é o momento.

Partiremos mañá cedo rumbo ao noso pequeno paraiso familiar cunha sinxela equipaxe: bañadores, toallas, algún chubasqueiro, bicicletas, moitos libros e moita música. As vacacións perfectas: sol, praia, deporte, música e lecturas.

Non viaxarán con nós as preocupacións nin ordenadores, nin traballos pendentes, nin disgustos, nin medo ningún.

Ben, despídome pois ata setembro. Fáise o silencio (que non o esquecemento). Dona Marmota queda calada.

cerrado

1 comentario:

  1. Ben merecido que o tes.
    Espero que Dona Marmota e familia disfruten dese merecidísimo descanso.
    Saúdos.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN