7/6/08

PAIXÓN POLO FÚTBOL

Hoxe comeza a Eurocopa 2008, que se prolongará ata o vindeiro domingo 29. Todos os futboleiros e, por suposto, as futboleiras (que son moitas, malia que lle pese a algún) estamos preparados para disfrutar co mellor fútbol de Europa. Tras a inauguración, o primeiro partido será entre Suiza e a República Checa ás 18,00h. Ás 20,45h dará comezo un encontro cheo de emoción, Portugal fronte a Turquía. Teremos a oportunidade de comprobar se efectivamente Cristiano Ronaldo é o mellor xogador europeo deste momento, como afirman algúns analistas deportivos.

Mentres pasan estas poucas horas ata que dea comezo a Euro 2008, aproveitaremos para emular aos nosos futbolistas preferidos botando unhas partidiñas ao futbolín. Este xogo foi inventado en 1937 por un galego, Alexandre de Fisterra. Os Diplomáticos de Monte Alto, dedicáronlle unha das súas cancións máis coñecidas: "Ano 37, Guerra Civil / Alexandre de Fisterra inventa o futbolín / inventa o futbolín, inventa a tralla brava / Alexandre de Fisterra moito traballa./ Un impulso desde o fin do mundo / paixón de tasca contra a repugnancia / vén con Alexandre, un bravo, un cachalote / que trouxo de Fisterra a paixón do deporte".

O meu resultado: Portugal 2 - Turquía 1

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN