22/6/08

MORRE O"VOLTAIRE DO NILO"


Faleceu en París o escritor exipcio Albert Cossery. Tiña 94 anos e unha formación francesa que recibira en O Cairo. Escribiu oito libros nos que defende a preguiza e a indixencia como filosofía de vida. Publicou a súa derradeira obra, Los colores de la infamia, en 1999. Na súa propia vida aplicou esa maneira de concebir a existencia. Cossery Vivía modestamente nun hotel, tras renunciar a posesións e recordos materiais. A cidade do Sena foi silenciosa testemuña da súa despedida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN