17/6/08

MOCHILAS VIAXEIRAS

As mochilas viaxeiras están xa a descansar na biblioteca, despois de viaxar polos fogares dos 22 nenos e nenas de 2º de Primaria.
Cada semana, sen falla, saían do cole cara ás súas casas cargadas con revistas, películas e libros para saborear en familia.
O diario de cada unha delas nos vai contando os detalles de cada viaxe. Veñen cheos de palabras, dibuxos e pegatinas cos que cada un deles quixeron deixar a súa pegada e compartir con nós aquelo do que máis disfrutaron.

Moitas grazas a Nerea, Paula, Olga, Brais, Eva, Nuria, Miguel Ángel, Francisco, Pamela, María, Virginia, Adrián, Oussama, Sebastián, Guadalupe, Soraya, Cynthia, Paula, Juan José, Javier, Jorge e Erika.

Aqui deixamos unha pequena mostra do voso fermoso traballo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN