27/6/08

FACEMOS BALANCE (E III). OS MELLORES LECTORES

O pasado venres 20 de xuño, despois de suar no Correlingua 2008 (a carreira pola lingua que celebramos todos os anos o último día do curso), a Biblioteca Escolar entregou os seus diplomas aos máis lectores de cada curso de Educación Primaria e Secundaria. Todos eles, entusiasmados, recibiron tamén, da man das profesoras encargadas da biblioteca e da mismísima directora do centro un agasallo que non podía ser outra cousa que un libro que esperamos encha de emocións as horas de lecer e descanso das vacacións que ese día comezaban.

Correlingua 08_b 015

Aquí os tedes a todos posando contentos cos seus diplomas e agasallos, son Miguel, Guadalupe, José Ramón, Estefanía, Jorge, Victoria, Andrea, Noelia, Aroa e Fany.

GRUNON

E máis de un, e máis de dous, quedou fastidiado por quedar ás portas do premio, e no vindeiro curso, loitará por acadar este prestixioso galardón.

verano

Feliz verán a todos e a gozar do sol, das praias, das lecturas fermosas, da boa música e dos amigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN