30/6/08

EL NIÑO QUE SE CAYÓ EN UN AGUJERO, Jordi Sierra i Fabra

agujero

A editorial Los Libros del Zorro Rojo preséntanos desta vez a última creación do máis prolífico autor de literatura infantil e xuvenil en español: Jordi Sierra i Fabra.

El niño que se cayó en un agujero semella, de entrada, unha historia divertida, por absurda e por incrible: un neno de 10 anos vai camiñando por unha rúa calquera e, de pronto, cae nun burato que non vira, e que de súpeto o envolve coma unha luva. Está prisioneiro, non é capaz de sair por si só.

A partir dese momento comeza un desfile de personaxes diversos que o evitan, o ignoran, o desprezan, o maltratan. O que comezara coma unha divertida aventura infantil convírtese nun drama case angurioso. Unha áceda crítica social en forma de sátira, sobre a hipocresía dunha sociedade que procura evitar a toda costa o incómodo ou o desagradable.

niño

As ilustracións de Riki Blanco retratan a cada un deses personaxes, os esquivos, os agresivos, os desconfiados e os dous únicos que lle axudan: un can de rúa: Rápido, e un vagabundo. O primeiro proporcionaralle compaña, consolo e alimento, o segundo daralle a clave para saír do burato: "el agujero lo llevabas tú encima, pegado a tu alma, y como en el fondo no querías molestar porque además te sentías culpable, al final has pasado por esta calle para dejar que te engullera, lejos de todo"

Unha lección de humanidade. Unha lectura deliciosa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN