7/6/08

CONTAMOS, E MOITO...


Os nenos e nenas de Educación Infantil CONTAN MOITO. Queredes comprobalo? Mirade os preciosos cadernos de dibuxo que adornan a entrada da nosa biblioteca.

Os papás e as mamás destes nenos e nenas tamén contan moito. A proba está tamén en cada "Libro dos meus libros" que encheron, xunto cos seus cativos, de recordos, momentos inesquecibles, fotos, dibuxos, princesas, dragones, heroes e mooooooitos contos.
Avós, avoas, primos, irmáns, mascotas e colegas, TODOS TEÑEN MOITO QUE CONTAR na vida dos nosos pequenos.

Deberíadas pasar por A Baña para ver estas marabillas ENORMES feitas con mans PEQUERRECHAS.

Moitas grazas a FABIÁN, AISHA, ALBA, HÉCTOR, NOEL, NATALIA, RODRIGO e ZAIRA, o noso pequeno arco iris de AMOR POLA LECTURA.

1 comentario:

  1. Tedes razón deberiamos pasar todos a ver esas marabillas, os pequenos e os profes dos pequenos sempre son admirables, ¡que traballo tan bonito!

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN