20/6/08

ADEUS CO CORAZÓN

Chegou o día, chegaron as vacacións.
A maioría de vós xa sodes "libres" ata o vindeiro curso. Noraboa!
Outros terán que preparar no verán algunha materia que non acabaron de sacar adiante. Ánimo!
Chegaron tamén as emocións e as bágoas da despedida, os abrazos e as miradas cómplices. É o "malo" que ten chegar a 4º da ESO nun CPI: son tantos anos no cole que é como deixar a casa. Vós marchades, pero levades tantos recordos! Agora comezades unha nova aventura. Non deixedes nunca de confiar en vós mesmos, aínda que as cousas non vaian como esperabades. Se necesitades ánimo, consello ou simplemente falar aquí estaremos todos os profes.

De corazón, que vos vaia moi ben.
Moitos bicos, miñas lebres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN