15/6/08

ESCRIBIR PARA OS MÁIS PEQUENOS NON É DOADO: ABRAZOS DE VAINILLA de Fina Casalderrey

Abrazos%20de%20vainilla_115691

Escribir libros para os primeiros lectores, eses cativos de 4 a 6 anos que comezan a descifrar con engado o máxico mundo da letra impresa, non é doado.

É preciso que o texto de cada páxina non sexa excesivo ou cansarán sen rematar o conto.

As ilustracións han de ser atractivas.

A historia, fermosa e sobre todo, próxima a eles. Unha reivindación no seu nome: OS CATIVOS DE EDUCACIÓN INFANTIL XA NON EMPREGAN CUEIROS E ÓNDE VAI QUE DEIXARON O BIBERÓN E OS CHUPETES, así que, por favor non máis contos de bebés para eles.

As palabras empregadas deben ser sinxelas, evitando eses endiablados grupos consonánticos tan complicados, pero non por iso deben deixar de ser fermosas.

E ollo co tipo de letra, antes de mercarlles un conto debemos saber se estan a aprender con maiúsculas ou con cursiva.

Como vedes, non é doado escribir bos libros para os máis cativos. A colección LOS PIRATAS de SM (El barco de vapor) é das que cumpren con estes esixentes requisitos.

8434899914muestraPortada muestraPortada2

Títulos como Antón y las chicas, Muchos besos, Un regalo para ti ou Abrazos de vainilla son unha segura garantía de éxito.

Neste último Fina Casalderrey, coa sensibilidade e a tenrura que caracteriza toda a súa obra para nenos, nos presenta a Roi e Magali, dous pequenos amigos que se queren un montón. Roi ten un curioso xeito de ver e describir o mundo: as cores son ovellas, rás, murciélagos, ... Roi é quen de das abrazos de vainilla e de escoitar unha bágoa esbarando pola meixela de Magali porque, "ainda que non ve cos ollos, é moi listo".
Magali e Roi están tristes, teñen que despedirse pois ela marcha a vivir a outra cidade, pero xuntos atopan o xeito de seguir en contacto a pesar da distancia.
O ilustrador, Maxi Luchini, completa esta fermosa obra que hai que ler e mirar dúas veces. Cando rematas o conto e comprobas que Roi non pode ver é cando queres volver atrás para decatarte de que en todos os dibuxos ten os seus ollos pechados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN