13/5/08

CRÍTICO vs. FACEDOR

Wayne W. Dyer é psicoterapeuta, doutor en Psicoloxía e autor de varios libros de autoaxuda. Aínda que esa denominación resulta pexorativa para moita xente, hai que distinguir entre as obras escritas sen base científica das que realmente si poden aportar certa axuda en determinadas situacións.
Este é o caso da obra que nos ocupa, Tus zonas erróneas (editado por DeBOLS!llo). En doce capítulos vai abordando o autor diferentes cuestións relacionadas co que el chama as "zonas erróneas da personalidade": sentimento de culpa ou inseguridade, insatisfacción, ataduras laborais ou persoais ás que non nos enfrontamos, compromisos que nos amargan, a obriga de compracer sempre aos demáis...

Un dos capítulos máis interesantes está dedicado ás "postergacións", é dicir, á actitude que manteñen aquelas persoas incapaces de desenvolver as actividades que din que teñen por facer. Sempre teñen algunha excusa: "Non teño tempo suficiente", "Teño un lío esta semana", "Hoxe non podo, pero mañá empezo", "Teño tanto que facer"... Estas persoas soen ser críticas coas que si traballan, toman decisións, fan plans e os levan a cabo. Xa sabemos que é moi doado ser crítico, pero realizar traballos require esforzo, riscos e cambios.

Anímate e deixa de ser crítico. Convírtete en facedor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN