1/5/08

UNHA PONTE DE BOAS LECTURAS II

Velaí as recomendacións para os maiores:

- Títulos para lectores a partir de 14 - 16 anos:

Grimpow de Rafael Ábalos, Editorial Montena, novela ambientada na época medieval, na que un mozo, Grimpow, se verá envolto nun segredo codiciado pola Igrexa e a Monarquía.

Peter Pan e a levita escarlata de Geraldine McCaughrean, Edicións Obradoiro. Wendy e os nenos perdidos, convertidos en adultos, deciden voar ao País de Nunca Xamais porque Peter Pan precisa axuda.

Sebastian Darke, príncipe de los bufones de Philip Caveney, Alfaguara Juvenil. Nesta historia de fantasía acompañaremos a un malogrado aspirante a bufón nas súas peripecias dentro das conspiracións da corte.Neste enlace podedes ler o primeiro capítulo desta estupenda novela.


- Suxerencias para os adultos:

- Tsugumi da escritora xaponesa Banana Yoshimoto, Tusquets, novela sobre a amizade, a dor e o primeiro amor. Así de contundente comeza este relato: "Tsugumi era una muchacha desagradable, de eso no cabe duda".

La elegancia del erizo de Muriel Barbery, Seix Barral, historia ambientada en París e protagonizada por dúas mulleres: Paloma de doce anos, de extraordinaria intelixencia e Renée, unha porteira que finxe ser unha muller vulgar.


Espero que estes títulos vos axuden a disfrutar un chisco máis da ponte. Ah, e reservade un pouco de tempo para ler un poema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN