1/5/08

UNHA PONTE DE BOAS LECTURAS I

Aproveitando que temos por diante uns días sen cole, quero recomendarvos algunhas lecturas moi interesantes.


- Para pre-lectores: Invisible de Katja Kamm, Ed. Fondo de Cultura Económica, México 2007. Libro de imaxes, sen texto, que presenta un xogo visual no que o lector ten que imaxinar elementos que faltan para construír as divertidas historias que contén o álbum.




- Entre 6 e 8 anos: Espacio de Penelope Arlon,
Editorial: Pearson Educación / Alhambra, Madrid 2008. Con este libro vivirás a emoción que sinte un astronauta cando viaxa ao espazo exterior, coñecerás os planetas, verás o lado oculto da Lúa e, como está actualizado con novos datos, poderás ver fotos da misión a Marte e a nova lista dos planetas do Sistema Solar.


- A partir dos 9 anos: Inventos y descubrimientos. La información en tus manos de Dee Phillips, Editorial Altea, Madrid 2007. Con todo tipo de gráficos, ilustracións e fotografías, esta enciclopedia explica case todos os inventos e descobrimentos que a humanidade realizou ao longo da historia en medicina, astronomía, industria, comunicaciones, ocio, moda e Internet.




- Para lectores con máis de 12 anos: O mundo de Ben Lighthart de Jaap Ter Haar. Editorial: SM, Vigo 1990.
Ben perde a visión despois dun accidente de tráfico. Isto vai cambiar a súa vida profundamente. A súa cegueira é motivo de amizade e mesmo de compaixón para moitos. Sen embargo, a intolerancia nace cando quere seguir os seus estudios no instituto e non é admitido a causa da súa discapacidade. Ben ingresará nunha institución para cegos para comezar unha nova vida.

1 comentario:

  1. Unha ponte para o coñecemento, a ciencia e as emocións. Xa que chove! O libro de Ben, un clásico delicioso. Estupenda selección.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN