14/5/08

UN NOVO AMOR

Hoxe non imos falar de críticos senón de facedores. Na biblioteca continuamos cun dos traballos máis ingratos e laboriosos, o etiquetado dos fondos. Afortunadamente, contamos coa colaboración dunha das profes máis comprometidas co equipo, a nosa Chusiña. De feito, Manolo, a nosa mascota, non fai máis que falar dela: "canto traballa", "que simpática é", "como locen os libros nos andeis agora".

E ten toda a razón. Dende que Chus anda por aquí, a biblioteca está máis ordenada e fermosa.

Ademais, ela empeza xa a sentir os síntomas que todos os biblioadictos coñecemos ben: tódolos días ven na procura da súa dose diaria de etiquetas.

Dende aquí queremos facer pública a nosa inmensa gratitude e comunicarlle que ten un lote de libros por etiquetar esperando por ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN