3/5/08

SOROLLA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Desde o 21 de abril ata o 6 de xullo, pódese visitar na Fundación Caixa Galicia a exposición "Sorolla e os seus contemporáneos" . Poderemos ver unha magnífica mostra da obra dos máis destacados pintores do "cambio de século", é dicir, do XIX ao XX.
Todas as obras expostas proceden dunha das máis completas coleccións de pintura española, a do Museo Nacional de Belas Artes cubano, unha pinacoteca formada polas cesións de diferentes coleccionistas privados e institucionais que se foron producindo ao longo do século XX.
A mostra que podedes ver en Santiago abrangue un total de cincuenta e sete obras de Joaquín Sorolla, Ignacio Zuloaga, Santiago Rusiñol, Anglada Camarasa, Vila Prades, Manuel Benedito Vives, Cecilio Pla Gallardo ou Martínez Cubells, entre outros.
Non deixedes de admirar estas fermosas obras! Xa me contaredes.

1 comentario:

PASEN E VEXAN