6/5/08

SIMPLIFICA TU VIDA


Elaine St. James é a autora dun libro titulado Simplify your life, editado en España por RBA Integral (Simplifica tu vida). O subtítulo déixanos ben clara a intencionalidade desta obra: ser unha "Guía para moderar la marcha y disfrutar de las cosas importantes" . Está dividida en oito capítulos que abranguen cen propostas referidas as seguintes cuestións: a casa, o estilo de vida, as finanzas, o traballo, a saúde, a vida persoal, temas especiais para mulleres e o derradeiro, "simplicidade pura e dura". Non deixa de ser un destes libros de "autoaxuda" ou similares, pero propón cambios ás veces curiosos, ás veces moi comprometidos coa ecoloxía, e algúns francamente utópicos. Por exemplo, atopamos consellos como "Apague o televisor", Poña fin ao correo comercial", "Deixe de enviar felicitacións de Nadal", "Manteña unha soa tarxeta de crédito", "Convirta a súa afición no seu traballo", "Non intente cambiar á xente"... E outros tan sorprendentes como os seguintes: "Non conteste ao teléfono só porque estea sonando", "Déitese ás nove unha noite á semana", "Aprenda a rir", "Non faga nada", "Tómese tempo para mirar o solpor", "Désfagase dos tacóns altos", "Coma unha madalena de fariña integral" ou "Deixe de facer a cama".

Paga a pena pararse un momentiño e pensar se realmente a nosa vida só está enchida do que nós queremos ou vai ateigada de pesos que as "circunstancias" nos fan cargar.

En palabras de Elaine St.James, “finalmente habíamos comprendido que no íbamos a ser capaces de llevar a cabo todo lo que nos habíamos propuesto, de modo que nos sentamos e hicimos recuento de lo que podíamos hacer y lo que es más importante, de aquello que realmente queríamos hacer. Comenzamos mediante la simplificación, a organizar nuestras vidas de manera que pudiéramos dedicar el tiempo y la energía suficiente a aquellas cosas que más nos importaban y DESPRENDERNOS DEL RESTO“.

Todos nós deberiamos seguir a máxima de Gandhi: ” Necesitamos vivir simplemente, para que outros, simplemente, poidan vivir”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN