19/5/08

ORIÓN E OS ANIMAIS MAGOS

Joan Manuel Gisbert é o autor dunha preciosa obra titulada Orión e os animais magos (Sopa de libros, Ed. Xerais). Orión é o can dun vello acordeonista que está internado nun hospital. Para que non o encerren na canceira, agóchase na fraga e alí descobre unha fermosa caixa de madeira con letras chinesas.

Na fraga viven moitos animais: o esquío, o porco teixo, o muraño, o merlo, o moucho... e mesmo hai un Consello de Anciáns que está formado polos cinco animais máis vellos: a cabra montesa, a tartaruga, a pita do monte, o porco espiño e o xabarín. Este grupo reúnese para falar dos estraños sucesos que veñen ocorrendo na fraga: lúas que saen da terra, flores descoñecidas, luces a medianoite, músicas nocturnas... Quen poderá explicar tal misterio?


Estes feitos están relacionados co mundo da maxia e o ilusionismo. As ilustracións (realizadas con pluma, acuarela e lapis) son de Francisco Solé e axudan a reforzar a humanidade destes personaxes que, en palabras de Gisbert, son os nosos compañeiros na Terra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN