3/5/08

A LÚA NA QUINTANA DOS MORTOS

DANZA DA LÚA EN SANTIAGO

¡Fita aquel branco galán,
olla seu transido corpo!
É a lúa que baila
na Quintana dos mortos.
Fita seu corpo transido
negro de somas e lobos.
Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.
¿Quén fire potro de pedra
na mesma porta do sono?
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
¿Quen fita meus grises vidros
cheos de nubens seus ollos?
¡É a lúa! ¡É a lúa
na Quintana dos mortos!
Déixame morrer no leito
soñando con froles d'ouro.
Nai: a lúa está bailando
na Quintana dos mortos.

O poeta granadino Federico García Lorca escribiu seis poemas en galego en 1935, un ano antes de ser asasinado. POETA, DRAMATURGO, DEBUXANTE, MÚSICO, ACTOR... todo isto e máis foi Federico. Os que querían que desaparecese, que calase para sempre, non o conseguiron!

Disfruta desta galería fotográfica de Lorca cos seus compañeiros do grupo teatral La Barraca, a súa familia e ilustres amigos como Dalí, Buñuel, Juan Ramón Jiménez ou os compoñentes da chamada "Generación del 27".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN