31/5/08

HAIGAS E HAIKUS

Un haiku é unha das formas de poesía tradicional xaponesa máis extendidas. Tradicionalmente este breve poema describe os fenómenos naturais, o cambio das estacións, ou a vida cotiá da xente. Está moi influido pola filosofía e a estética do zen, o seu estilo caracterízase pola naturalidade e a sinxeleza.
Para acompañar o haiku, moitos poetas realizan unha pintura, xeralmente sen demasiada perfección, que se denomina haiga.
Haijin é o nome que recibe o autor dun haiku. Os Haijin máis importantes da historia do Xapón son Matsuo Basho, Yosa Buson, Kobayashi Issa, Usuda Arô, Masaoka Shiki, Uejima Onitsura, Ritsurin Issekiro, Arakida Morikate, Yamasaki Sokan, Ihara Saikaku (tamén chamado Ibara Saikaku), entre outros.

Velaquí unha pequena mostra de haikus, extraídos do libro Haiga. Haikus ilustrados de Yukki Yaura, editado por Hiperión.

Murasaki no
hana ni toge aru
azami kana
("Teñen espiñas/esas flores moradas: /¡flores de cardo!")


Furuike ya
kawazu tobikomu
mizu no oto

("Un vello estanque/ Mergúllase unha ra./Ruído da auga")





Ochizama ni
mizu koboshikeri
hanatsubaki

("Cae da árbore/ e derrama a súa auga/ unha camelia")

1 comentario:

  1. sinxelos e fermosos. Canto temos que aprender de oriente!

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN