27/5/08

FESNOJIV: O MARABILLOSO PODER DA MÚSICA

Un nome largo: Fundación del Estado para Orquestas Juveniles e Infantiles de Venezuela.

Un obxectivo "sinxelo": "Rescatar nenos". A cada neno con problemas ou dificultades se lle pon un instrumento na man, un clarinete, unha viola, un timbal, e a partir de aí, longuísimos ensaios de 4 horas cada día. En canto un sabe tocar unha escala comeza a ensaiar coa orquestra e ademáis debe ensinar aos que saben menos, unha cadea fermosísima de solidariedade infantil e xuvenil. Unha aposta pola formación colectiva, polo traballo en equipo.

Unha rebelión contra a pobreza e contra a educación musical elitista. José Antonio Abreu comezou esta fermosa aventura en 1975: "Cuando a un niño que vive en un barrio rodeado de miseria le entregas un instrumento, le estás dando un arma. Es lo único que tiene y se aferrará a él como un náufrago".

O resultado: 125 orquestras funcionando, 250.000 nenos e nenas que viven por e para a música, o 90% deles con familias de escasísimos recursos. Unhas orquestras que irradian felicidade por todos os seu poros, un traballo exemplar, un miragre.

Mira, escoita e compróbao:


Agora algúns dos máis prestixiosos directores do mundo, como Claudio Abbado, Zubin Mehta, Sir Simon Rattle (da Filarmónica de Berlín), Gustavo Dudamel (actual director da Filarmónica de Los Ángeles e que se formou neste sistema), dirixiron a estes xóvenes. Todos amosan a súa admiración por un traballo tan ben feito e colaboran activamente con FESNOJIV, soñando con contaxiar ao mundo enteiro desta febre de sons e perfecta harmonía.

No documental "Tocar y luchar" podedes ver como funciona esta perfecta engranaxe. FESNOJIV presta asistencia técnica e organizativa a todas as escolas públicas que solicitan a súa integración no sistema musical e apóiase nas asociacións de veciños, de pais, concellos e representacións institucionais para facilitarlles os locais de ensaio ou os instrumentos musicais necesarios.


A proba real de que é posible acadar magníficos resultados cando se ten fe e ilusión.

NORABOA por ese Premio Príncipe de Asturias de las Artes!!!

E tamén NORABOA a todos os queridos bibliotecarios e bibliotecarias escolares, todos os que, a pesar de obstáculos e dificultades, comezamos a formar unha fermosa rede de traballo solidario, ilusionado e entregado aos libros, á lectura, á educación, á humanidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN