18/5/08

"ESTABA OSCURO Y SOSPECHOSAMENTE TRANQUILO"




Libros del Zorro Rojo
Buenos Aires, 2007
A partir de 8 anos.

Un misterioso álbum ilustrado que narra a historia dun pescador de nubes que ocupa unha casa abandonada a orillas do mar. Este extraño novo veciño domina unha arte máxica e descoñecida e esperta a curiosidade, a envexa e finalmente a hostilidade dos seus veciños.

As ilustracións, minuciosas e repletas de detalles, de personaxes extraños, de obxectos inauditos. Unha obra diferente e moi interesante. Unha proba de que non só se escriben fantásticos álbumes ilustrados para os máis pequenos.


Neste enlace podedes acceder ao catálogo desta editorial: http://www.librosdelzorrorojo.com/catalogos/esp/ZRe-General.pdf


Einar Turkowski naceu en Kiel, Alemaña, en 1972 e estudiou ilustración na universidade de Hamburgo. Tras traballar algúns anos como dibuxante nun estudio o seu nome chegou para quedarse no mercado editorial. “Estaba oscuro y sospechosamente tranquilo” é o seu primeiro libro e xa se fixo co Gran Premio de la Bienal de Ilustración de Bratislava en 2007.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN