11/5/08

CONTAMOS MOITO

As mamás e papás de Educación Infantil xa teñen hai días nas súas casas unhas fermosas carpetas azuis. Dentro atoparon un fantástico material pensado para que os nenos e nenas prelectores, xunto con papás, mamás, irmáns, mascotas ou amigos, na praia, á sombra dun carballo na tardiña, no sofá ou na cama, antes de durmir, se deixen engaiolar polo amor, a diversión, a tenrura, os agarimos, as aventuras, a risa.

Onde atoparán ese tesouro? Pois agochado entre as páxinas de cada libro que están a compartir en familia.

Os seus personaxes favoritas, as historias máis fermosas, os recordos especiais de cada lectura, debuxos, fotos, primeiras palabras escritas... quedarán gardados no "Libro dos meus libros". E todos eles estarán expostos na biblioteca do cole no vindeiro mes de xuño.



Dende a biblioteca, as librerías, os andeis da casa ou das mans das súas profes chegarán aos máis cativos as súas primeiras lecturas inesquecibles.


Agora, papás e mamás, se pinchades aquí, poderedes atopar algunhas das preciosas lecturas que encherán eses ratos de ler e contar. Todos eles están na biblioteca esperando viaxar aos vosos fogares...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN