7/5/08

COMO!!! QUE AÍNDA NON SABES QUEN É YOTSUBA???

Yotsuba Kiowai é unha nena de cinco anos, co pelo verde recollido en catro coletas , sorriso enorme e ideas sorprendentes. Esta nena vive a vida de calquera nena pequena: ve a tele, xoga con outras nenas, fai debuxos, da paseos... Que onde está a gracia? Pois na inocencia e inxenuidade de Yotsuba. As súas actividades cotiás transfórmanse en divertidísimas e sorprendentes aventuras. Asegúroche o sorriso, a risa e as gargalladas.

Kiyohiko Azuma é o autor e ilustrador desta boa mostra do humor contemporáneo xaponés.
Se queres saber máis dos principais personaxes deste manga pincha aquí.
Pasa pola biblioteca; alí está, agardando por ti e desexando coñecerte



Posted by Picasa

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN