9/5/08

ANDA POR AÍ SOLTO UN DIABLO... O DIABLO DOS NÚMEROS

O escritor alemán Hans Magnus Enzensberger non é un matemático pero escribiu este delicioso libro para todos os que "temen ás matemáticas".


Robert ten pesadelos, soña con peixes xigantes que o queren comer ou con tobogáns que nunca terminan. Robert odia as matemáticas e ao profesor Bockel cos seus problemas sobre pasteleiros e trenzas...


Durante 12 noites os soños de Robert serán diferentes, o Diablo dos números levaráo por divertidas e sesudas aventuras numéricas. Viaxará polo mundo dos números triangulares, da pirámide de Bonastchi, os Pum!, os rábanos ou os números de primera.

Se queres lelo en rede ou descargalo en formato pdf pincha aquí.
Se queres aproveitar a súa lectura para traballar as matemáticas, aquí ou aquí atoparás actividades moi interesantes.

Un libro apaixonante para os profanos e algo polémico para os entendidos (basta con mergullarse polas numerosas páxinas que falan del e discuten a súa "rigorosidade científica").

A edición de Siruela, impecable, coma todas as da colección Las Tres Edades, as ilustracións, de Rotraut Susanne Berner, fermosas e moi necesarias para comprender os misterios que o pequeno diablo vai mostrando ao sorprendido Robert.

Moi recomendable para todos aqueles que gosten de pensar e queiran aprender a razonar e a comprender as matemáticas mais que as operacións mecánicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

PASEN E VEXAN