6/4/08

RECOMENDACIÓNS DE CÓMICS

Xa hai un tempo que non falamos nada de cómics. Hoxe permitídeme que vos recomende dous títulos moi interesantes:
1- Reyes disfrazados de James Vance (guionista e dramaturgo) e Dan Burr (debuxante underground), unha novela gráfica que conta con dous Premios Eisner e un Harvey, editada por Norma Editorial . Ambientada na América desolada pola Gran Depresión do 29, conta a vida dun rapaz, Freddie Bloch, que decide fuxir do fogar na procura do seu pai, convertíndose en compañeiro dun excéntrico vagabundo coñecido como “El Rey de España". Freddie debe afrontar só a crudeza da vida e loitará para sobrevivir.

2- Chino Americano de Gene Luen Yang, editado por La Cúpula.
Jin Wang é fillo de pais chineses, nacido en Estados Unidos. No seu colexio é o único de orixe asiática, agás unha nena de orixe xaponesa coa que case non ten relación.
Ao mesmo tempo cóntansenos dúas historias máis. A primeira é unha das máis antigas fábulas chinesas: a do Rei Mono e o seu proceso para convertirse en deus e abandonar a súa natureza de mono.
A outra historia fálanos do prototipo de adolescente americano, integrado no seu instituto, pero que cada ano recibe a visita dun parente chinés que o avergoña diante dos seus compañeiros.
Estas tres historias, en apariencia independentes, conflúen nun xiro inesperado nesta moderna fábula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN