19/4/08

NOVICÓMICS II

RG: RIYAD-SUR-SEINE. Un policía que traballa para o servizo de intelixencia francés cóntanos como se desenvolve unha investigación sobre financiamento de redes terroristas islamitas. Todo desde o punto de vista do policia francés que leva a investigación que ademais é o guionista do cómic, Pierre Dragon. Os debuxos son de Frederik Peeters (Ver abaixo Píldoras azules).

LA MALA GENTE de Étienne Davodeau. A historia desenvólvese nunha rexión rural, católica e obreira do oeste francés nos anos 50. Ao deixar a escola, centos de mozos descobren as fábricas e as súas penosas condicións de traballo. Nestas terras (consideradas durante moito tempo como remisas aos cambios) algúns deles lánzanse á acción militante. Desde a inmediata posguerra ata o acceso da esquerda ao poder en 1981, esta obra conta ese desexo de emancipación colectiva e as súas dificultades. - Premio France-Info 2005 ao Mellor Cómic de Actualidade e Reportaxe - Premio da Crítica 2005 pola ACBD - Premio do Público 2006 do Festival de Angoulême - Premio ao Mellor Guión 2006 do Festival de Angoulême.




PÍLDORAS AZULES de Frederik Peeters. Esta obra autobiográfica narra a historia de amor entre un debuxante de cómics (Peeters) e unha muller afectada polo SIDA (Cati é seropositiva, como o seu fillo de tres anos, dunha relación anterior). Desde o momento en que ela lle conta a Peeters a existencia da súa enfermidade, o autor/protagonista vai desenvolvendo unha serie de sentimentos que marcan o ritmo da súa relación de parella. Un cómic conmovedor, delicado e fermoso que deberían ler mesmo os que non gustan dos cómics.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN