19/4/08

NOVICÓMICS I

Estes son novos títulos de cómic que podedes atopar na biblioteca:

VAMPIR VA AL COLEGIO de J. Sfar e Walter . Vampir está farto da rutina e necesita un cambio. Quere ir ao colexio para aprender cousas novas e pasalo en grande cos nenos da súa idade. Divertida historia interpretada en viñetas, na que se pon de relevo o papel da escola como fonte de coñecemento e elemento socializador.
A.D.A . de Vanloffelt, Hautière y Antonio Lapone.
ADA, Axencia de Detectives da Antigüidade, é unha asociación de dous arqueólogos con métodos de traballo totalmente opostos que se ven envolvidos nunhas sorprendentes aventuras. Edítanse nun só tomo as dúas primeiras historias: Axencia de detectives da antigüidade e O val do esqueleto hostil. A primeira transcorre no Antigo Exipto, cos seus restos arqueolóxicos e as súas maldiciónes faraónicas. A segunda, trasládanos a México, en busca da tumba de Cuauhtémoc, lendario emperador Azteca.
TIERRA DE SUEÑOS, EL CAMINANTE e EL VIAJERO DE LA TUNDRA de Jiro Taniguchi. Se buscas un tipo de cómic diferente, nada de superheroes polo medio, este é o teu autor; nestes volumes atoparás un manga cheo de sentimentos cara aos animais, a natureza e as relacións persoais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN