Falar de morte, de enfermidades terminais, de dor, semella macabro, incómodo, de mal gusto. Cando souben que un médico vigués pretendía filmar unha película sobre a súa loita diaria coa morte quedei arrepiada.
Despois de vela, case ao azar, non podo facer máis que recoñecer que, ainda que pareza incrible, é moi fermosa e que che contaxia unhas enormes gañas de vivir e de sorrir.
Tedes que coñecer a Carlos Cristos, á súa familia, aos seus amigos. Non é doado, ás veces é case imposible reprimir as bágoas, outras é preciso reflexionar profundamente, outras veste contaxiado da tenrura e o amor que o rodean.
O documental foi realizado por Antoni P. Canet, quen conviviu con eles durante case 3 anos. Na páxina web da película podedes atopar imaxes, información e incluso material didáctico para traballar a película con adolescentes.
NON É FERMOSO SORRIR E VOAR Á VEZ?
Tan fermoso como rir entre bágoas
ResponderEliminarPero as veces podes caer do columpio
ResponderEliminarpois se caes, érguete
ResponderEliminar