11/4/08

FESTA DO HANAMI

Hanami (花見, literalmente "ver flores") é a tradición xaponesa de observar a beleza das flores. Polo xeral esta palabra vai asociada ao período en que florecen as cerdeiras e os xaponeses van a parques e xardíns a contemplar as cerdeiras en flor. De finais de marzo a principios de abril, as cerdeiras florecen por todo Xapón, de sur a norte acorde aos distintos climas existentes nas diversas rexións. As primeiras cerdeiras do ano florecen nas illas de Okinawa en xaneiro (a rexión máis meridional) e os últimos na illa de Hokkaido (a rexión máis setentrional). O prognóstico de florecimiento (sakurazensen) é anunciado cada ano pola oficina de meteoroloxía.
Nesta celebración, a xente diríxese aos parques a contemplar as cerdeiras en flor, e habitualmente realizando un picnic, coa familia ou coa empresa (é habitual ver a empregados de empresas gardando os mellores sitios debaixo das cerdeiras con días de antelación). O Hanami continúa pola noite e é chamado yozakura ("cerdeiras de noite").

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN