27/4/08

EL BAILE de IRÈNE NÉMIROVSKY

A partir da vida dos Kamp, unha familia de orixe xudía no París dos anos 20, a autora fai unha crítica sobre as falsas aparencias dos chamados novos ricos. A protagonista é Antoinette, unha adolescente de 14 anos que pasou de vivir miseramente a instalarse na máis opulenta riqueza. O seu pai, grazas a un golpe de sorte na Bolsa, conseguiu de súpeto unha inmensa fortuna. Rosine, a nai, para dar o salto definitivo á alta sociedade, organiza un baile con douscentos invitados aos que só coñece por referencias. A pesar da insistencia da filla, Rosine non lle permite asistir á festa e a moza decide vingarse desa nai que nunca lle mostrou o máis mínimo xesto de agarimo.
Trátase dunha historia breve que mostra a difícil relación nai-filla e as ansias de recoñecemento social.
Neste enlace atoparás a páxina oficial desta escritora, filla dun banqueiro ucraniano, que morreu aos 39 anos no campo de concentración de Auschwitz. Alí tamén foi asasinado o seu home tres meses máis tarde. As súas fillas, Denise e Elisabeth Epstein conseguiron salvar os manuscritos inéditos de Irène, entre eles o de Suite francesa, novela inacabada sobre a ocupación alemana en Francia.

1 comentario:

PASEN E VEXAN