8/3/08

O DURO OFICIO DE SER MULLER

Dúas películas

catro mulleres

un duro traballo: Ser muller.

















Juno vive con seu pai, a súa madrastra e unha irmá pequena. Ten 16 anos e está embarazada. Decide seguir adiante coa súa vida, o instituto, as amigas, o seu mellor amigo "pernas bonitas" e esperar 9 meses para entregar o seu bebé a unha nai perfecta: Vanessa.
Vanessa vive unha vida de revista, unha casa perfecta, unha vida acomodada pero non pode ser nai. Juno será quen a faga definitivamente feliz.


Traude espera a súa xubilación ensinando a tocar o piano ás presas dun penal para mulleres, vive do recordo dun amor indecoroso, unha traizón e unha morte, ata que se atopa con Jenny.
Jenny ten 20 anos, é agresiva, incontrolable, ten as mans feridas de autolesionarse e arrastra unha pesada carga de abusos e maltrato.
Jenny ten un ENORME TALENTO.
Traude regalaralle música, técnica, esperanza. Jenny afecto, ilusión e ganas de vivir.


JUNO

Productora: Fox Searchlight Pictures
Director: Jason Reitman
Guión: Jason Reitman
Reparto: Ellen Page, Michael Cera, Allison Janney, JK Simmons, Olivia Thirlby, Jason Bateman, Jennifer Garner













CATRO MINUTOS


DIRECTOR: Chris Kraus
GUIÓN: Chris Kraus
MÚSICA: Annette Focks
REPARTO
Monica Bleibtreu, Hannah Herzsprung, Sven Pippig, Richy Müller, Jasmin Tabatabai
PRODUCTORA: Kordes & Kordes Film
PÁXINA WEB: http://www.vierminuten.de/start/

Catro vidas de mulleres para non perder.

1 comentario:

PASEN E VEXAN