1/3/08

ESTHER E A MORRIÑA

Permitídeme que a recomendación de cómic vaia dedicada esta semana a unha figura moi especial para min. Especial polo que ten de volta á infancia, a recordos que semellaban esquecidos, a intensas emocións... Trátase de Esther y su mundo de Purita Campos (ilustración) e Philip Douglas (guión), que foi publicado por primeira vez en España no ano 1974, pola editorial Bruguera.



A editorial Glénat recuperou esta serie e ven de publicar o terceiro volume desta historia protagonizada por unha rapaza de trece anos, en permanente conflicto emocional, insegura, sentimental e namorada de Juanito, un rapaz que ten como interese principal o fútbol. A relación que se establece entre eles desde o comezo da serie pasa por diferentes momentos, mantendo sempre unha amistade moi especial.
No seguinte enlace atoparás información sobre todos os personaxes.

Considérase que Purita Campos crea con Esther o primeiro personaxe moderno de cómic feminino. Non é unha heroína, é unha rapaza cercana a nós, non se sinte fermosa (sempre preocupada polas súas pencas), é celosa, ás veces ten enfados irracionais, non é tan atractiva como a súa amiga Rita... Talmente unha adolescente de trece anos! Por iso as mozas da miña xeneración, cando coñecimos a Esther, nos sentimos tan identificadas con ela e os seus problemas.
Que pasará cando as mozas adolescentes do ano 2008 descubran a Esther e o seu mundo?

PASEN E VEXAN