7/3/08

COMECOCOS 2008





O COMECOCOS 2008 finalizou este luns 3 de marzo.
Despois de 10 duras preguntas o noso primeiro concurso de "sabihondos" para o alumnado de ESO rematou con 4 triunfadores.

Cada Luns, Mércores e Venres do mes de febreiro publicamos unha pregunta no taboleiro do COMECOCOS.

As enciclopedias botaban fume, e as cabezas dos nosos concursantes, tamén...










- Só os acertantes podían continuar na loita.

- Só os que estivesen ao día coa biblioteca podían participar (os morosos non son benvidos).
- O premio, un MP4 con dúas Gigas de Memoria.

Aquí tedes aos 4 orgullosos finalistas: Tomás (3º de ESO), Esteban, Borja e Daniel (4º de ESO)


E no sorteo público o noso orientador sacou o nome do vencedor: Tomás.



NORABOA ao campión e GRAZAS a todos os que participaron e colaboraron con nós para que o COMECOCOS 2008 fose un éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN