1/2/08

REDESCUBRIR A PAUL AUSTER


Tiña lido dous libros de Paul Auster: "O conto do peixe-plátano e outros contos" e "Mr Vértigo". O primeiro non me impactou e o segundo angustioume, polo que me quedei un tanto chafada con Paul Auster e a súa xenialidade como escritor.
Comentei ésto cunha colega e faloume de "Brooklyn follies", enganchoume dende as primeiras páxinas e xa non puden soltalo ata acabalo, que pena que non fose máis longo!
Moi boa novela: redacción exquisita, riqueza de personaxes variopintos, os recantos dun Brooklyn acolledor, varias historias perfectamente entrelazadas. Total que xa estou pensando no seguinte del que vou ler. Teño boas referencias dunha triloxía de Nova York.

1 comentario:

  1. Aínda que non lin todas as obras de Paul Auster (pero casi casi); persoalmente, creo que 'Leviatán' é a súa mellor novela. Pode que por ser a primeira que lía del, deixoume impresionado o seu estilo.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN