7/1/08

“Las sombras crecen al atardecer”, Henning Mankel



Ed. Siruela, Las Tres Edades, 2002.
Segunda entrega da historia de Joel , un rapaz imaxinativo e solitario, de case 12 anos, que vive só co seu pai Samuel.
Unha mañá, ao cruzar unha das rúas do pequeno pobo onde vive, está a piques de morrer atropelado por un autobús. Xusto cando vai ser aplastado polas rodas dianteiras do vehículo, esvara, cae sobre o pavimento e o bus pasa por riba del sen tocalo. "Supongo que fue un milagro", pensa o protagonista, horas despois, e entón decide que terá que agradecelo dalgún xeito.
A partir de entón Joel atópase con distintos personaxes, francamente estrafalarios, como Gertrud Sen Naris ou Simón Tempestade. Faga o que faga, as boas accións que intenta levar a cabo coa súa mellor vontade non conseguen o fin previsto.
Unha novela intensa, que explora o que pode haber de insólito na tranquila vida cotiá dun pequeno pobo de Suecia. Está indicada para lectores de máis de 14 anos a pesares de que o seu protagonista é algo menor por que a súa lectura non é fácil, tanto pola distancia cultural que nos afasta deles coma polas reflexións internas de Joel, un preadolescente cun rico mundo interior cheo de preguntas e con moi poucas respostas á súa disposición.
Se queres saber algo máis sobre o autor e a súa obra para adultos (sobre todo novela policíaca), pincha aquí: http://www.geocities.com/cultura_nordica/Henning_Mankell.html
Se te apetece ler as catro novelas xuveniles que contan as vivencias de Joel, todas elas publicadas por Siruela, estes son os títulos ordenados:
Primeira parte: El Perro que corría hacia una estrella
(http://www.siruela.com/catalogo/catalogo.php3?ficha=221&site=autor)
Terceira parte: El niño que dormía con nieve en la cama
(http://www.siruela.com/catalogo/catalogo.php3?ficha=619)
Cuarta e última: Viaje al fin del mundo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN