31/1/08

ESTE LIBRO TE SALVARÁ LA VIDA




A.M. HOMES, Anagrama, 2007.

Un título atrevido, pretencioso tal vez, unha portada absolutamente kitch (unha foto espantosa dunha tenda de Donuts) e dentro… unha historia emocionante, divertida, emotiva.
Un protagonista que personifica o “soño americano”, empresario de Los Ángeles, rico, en forma e moi, moi san. Unha asistenta, unha dietista e unha adestradora persoal son a súa única compaña cotiá. Dende un ordenador controla e amplía cada día a súa fortuna. Pobre Richard, nin siquera recorda cando foi a última vez que saiu da casa, ata que unha intensa e indomable dor lle obriga a acudir aos servizos de urxencias.
Desde ese momento a súa vida será outra, a súa saúde non corre perigo pero a fortaleza na que se refuxiara empeza a desfacerse. O seu fermoso chalet corre perigo por un estraño corrimento de terras e, de forma casual e inesperada comezan a aparecer novos personaxes na súa vida. Richard vai cambiar, vai sentirse feliz, e vai disfrutar axudando a todos eles: a Anhil, un inmigrante que vende donuts e que adora o seu Mercedes, Cynthia, unha ama de casa case escrava á que atopa chorando no supermercado, Ben, seu fillo, un adolescente que viaxa a Los Ángeles nunha especie de viaxe iniciático, Nic, un escritor bohemio e estrafalario.
Unha lectura que engancha, divertida e que vos deixará moi bo sabor de boca.



A escritora, A. M Homes, considerada pola crítica americana a raíña das "bad-girl heroines", polas súas duras e amargas críticas á sociedade acomodada americana, escribe desta vez un libro amable e positivo pero non por iso inxénuo nin irreal.



http://en.wikipedia.org/wiki/A._M._Homes

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN