15/12/07

SEDA, ALESSANDRO BARICCO


Sur de Francia, século XIX, Hervé Joncour, comerciante de vermes de seda emprende unha viaxe a Xapón na busca de ovos de mellor calidade.
Partirá dende entón cada ano rumbo a ese lonxano país pois, naquela terra afastada, coñecerá unha misteriosa e fermosísima muller que é incapaz de esquecer.
Nunca se tocarán, nin sequera cruzaran unha palabra pero el repetirá unha e outra vez esa viaxe só para poder vela, poñendo a súa vida en perigo e deixando á súa esposa soa e anguriada, sempre á espera do seu retorno, sempre agarimosa e entregada.
Baricco narra de xeito sinxelo e fluido esta fermosa historia de amor que non podes deixar ata devorar a última páxina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN