7/12/07

RINOCERONTES E QUIMERAS de MARCOS S. CALVEIRO

Sorprendente e máxico relato que nos leva pola Norteamérica do século XIX, de viaxe co circo ambulante de Mister B.
¿Podes imaxinar unha feira onde contemplar rinocerontes e outras criaturas prodixiosas desecadas, autómatas que escriben e cantan, feras, pallasos e auténticos seres monstruosos? ¿Es quen de crear coas túas mans unha quimera?
Nun vagón abandonado, nunha vía morta, pechados a cal e canto, atópanse cinco extrañas criaturas: nenaxirafa, nenapaxaro, nenopingüín, nenolifante e nenasiamesas. Non saberemos os seus verdadeiros nomes nin como acabaron alí ata que, capítulo a capítulo, nos desvelen as súas historias. Deben decidir entre permanecer agochados á espera de que alguén os asista ou dar un gran paso, enfrontarse sos ao mundo real que os mira con temor, asco ou desprezo.
Balote é o seu gardián, un ser normal, sen deformidades pero que leva unha vida tan “monstruosa” como as dos seus compañeiros nesa viaxe sen destino. Sabemos onde está a fronteira entre o normal e o extraordinario, entre o fermoso e o repulsivo?
Xuntos tomarán unha decisión. Non deixedes de lelo para coñecela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN