30/12/07

"LA LADRONA DE LIBROS" ou a historia da nena que lle roubou as palabras a Hitler


Markus Zusak (Sydney, 1975) é o autor desta novela ambientada na Alemaña nazi da Segunda Guerra Mundial, que ten como narradora á Morte, personaxe que aparece alonxado dos estereotipos: ás veces compasiva, ás veces case cómica, sempre precisa. Unhas citas sobre si mesma:"Si algo me distingue es que soy justa", " Sólo soy una fanfarrona. No soy violenta. No soy perversa. Soy lo que tiene que ser", "A veces llego demasiado pronto, me adelanto. Y hay gente que se aferra a la vida más de lo esperado".

O autor afirma que escribiu esta obra pensando neses alemáns que se negaron a respaldar a Hitler e que arriscaron as súas vidas ocultando un xudeu na súa vivenda.
Así son os heroes desta historia: Liesel, unha nena de 10 anos que vive preto de Munich cos seus pais de acollida, Hans e Rosa, e un xudeu, Max, refuxiado na casa familiar.
A protagonista comparte xogos e fame con Rudy, un rapaz que soña con asemellarse a Jesse Owens. Liesel descobre o poder das palabras cando Hans lle aprende a ler nun libro que a nena roubou no cementerio onde foi enterrado o seu irmá pequeno.
"En certo modo é unha novela sobre o extraordinario poder das palabras", afirmou Zusak.
É unha novela emocionante (non será raro notar algunha bágoa), orixinal, divertida e triste ao mesmo tempo, un relato que non podes deixar de ler (aínda que é unha obra extensa, máis de 500 páxinas, lese dun tirón) e non resulta nada complicada para lectores novos (o autor xa escribira novela xuvenil). Recoméndovola especialmente se, coma Liesel, vós tamén sentides esa irresistible atracción polos libros e a lectura.

2 comentarios:

  1. Una historia preciosa, emocionante, llegado un momento tuve que saltar a la última página para descubrir lo que le sucedía a la narradora. Me encanta el personaje de la madre de acogida; y, en ciertas páginas, casi se me saltan las lágrimas.

    ResponderEliminar
  2. Encantoume o personaxe da morte, chega ser agarimosa, dalle pena levarse a algúns dos protagonistas, unha novela preciosa.

    ResponderEliminar

PASEN E VEXAN