16/12/07

LA INVENCIÓN DE HUGO CABRET


Brian Selznick é o autor desta historia protagonizada por un orfo, reloxeiro e ladrón, Hugo Cabret, quen vive no París dos anos 30 entre os muros dunha estación de ferrocarril. Se quere sobrevivir, ninguén debe saber da súa existencia. Pero un día é descuberto por Isabelle, unha excéntrica rapaza, amante dos libros, e por un vello e amargado xogueteiro. E xa nada será coma antes.

Un estraño debuxo, un valioso caderno de notas, unha chave roubada, un autómata e unha mensaxe oculta do defunto pai de Hugo son algunhas das claves dun complicado misterio. Na obra rememórase a historia dos primeiros pasos do cine francés.

Neste libro destacan as orixinais ilustracións e a combinación de elementos dos álbumes ilustrados, as novelas gráficas e o cine. O texto vai dirixido a lectores a partir dos 10-12 anos, pero está recomendado para todas as edades. “Non é exactamente unha novela nin un libro de ilustracións, tampouco é realmente unha novela gráfica, un álbum de fotos, ou unha película, pero é unha combinación de todas estas cousas”, explica Selznick.


Se queredes saber máis sobre este autor, a súa obra, enlaces moi interesantes e ver unha fermosa presentación dalgunhas ilustracións do libro coma se formasen parte dunha película de cine mudo, non deixedes de visitar esta páxina: http://lainvenciondehugocabret.grupo-sm.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN