12/11/07

LA BICICLETA DE SUMJI de AMOS OZ


Amos Oz (Xerusalén, 1939) - Premio Israel de Literatura 1998, Premio Internacional Catalunya 2004, Premio Goethe 2005 e Premio Príncipe de Asturias das Letras 2007, entre outros - é un dos máis importantes escritores israelíes do noso tempo e un recoñecido intelectual comprometido co proceso de paz en Oriente Medio.



La bicicleta de Sumji é unha historia protagonizada por un rapaz israelí de once anos, namorado dunha compañeira de clase, divertido, soñador e aventureiro, inocente e confiado, espectador atónito do que acontece en Xerusalén, baixo o mandato británico, tras a Segunda Guerra Mundial. Sumji é un personaxe inesquecible, cheo de dozura que, empurrado pola realidade, empeza a deixar atrás a infancia.

Este libro de Amos Oz está indicado para lectores a partir dos once anos. Que disfrutes coa súa lectura.
Editorial Siruela
Colección "Las tres edades" nº 122
ISBN: 84-7844- 844-6
96 páxinas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN