7/11/07

FIRMIN de Sam Savage

SAM SAVAGE naceu en Carolina do Sur. Doutorouse en Filosofía pola Universidade de Yale, onde foi profesor. Tamén traballou como mecánico de bicicletas, carpinteiro, pescador e tipógrafo. A súa primeira novela, Firmin, foi publicada nunha pequena editorial de Minneapolis, fóra dos grandes circuitos editoriais e grazas á recomendación de lectores e libreiros chegou a obter numerosos recoñecementos e premios. Esta obra está chamada a converterse nun símbolo do amor pola lectura.

FIRMIN
Editorial Seix Barral
Colección: Biblioteca Formentor
Xénero: Novela
Ano 2007
224 páxs
ISBN: 978-84-322-2824

Firmin é unha rata que nace no sótano dunha librería no Boston dos anos 60. Forzada pola necesidade aliméntase de libros, o que a leva a aprender a ler devorando páxinas. Pero unha rata culta é unha rata solitaria. Marxinada pola súa familia, procura a amizade do seu heroe, o libreiro, e máis dun escritor fracasado.

1 comentarios:

Anónimo dijo...

Parece moi interesante. Eu querería ser esa amiga...
Estou pensando en incluir este título no noso Club de Lectura, qué vos parece?

:)) w-) :-j :D ;) :p :_( :) :( :X =(( :-o :-/ :-* :| :-T :] x( o% b-( :-L @X =)) :-? :-h I-)

Publicar un comentario en la entrada

A NOSA AXENDA

PASEN E VEXAN