2/11/07

Exposición de Samaín

Esta semana chegou ao CPI de A Baña unha ampla representación de distintos tipos de cabazas, que se desplazaron desde todos os puntos do concello.Todas elas vestidas coas súas mellores galas, con modelos dos mellores modistos e modistas da zona.
A ocasión non era para menos, ían ser admiradas por un público moi entendido: o alumnado do CPI San Vicente.
O venres apareceron con cara de cansas e algo despeinadas, o que nos fai sospeitar que aproveitaron o día festivo para ir de festa elas tamén; houbo quen dixo que se viran algunhas polo concerto-récord que tivo lugar en Negreira, e que aguantaran de principio a fin.
As cabazas non foi o único que puidemos ver na exposición, as mellores cociñeiras e cociñeiros da bisbarra enviaron algunhas das súas receitas máis famosas e segredas (ata agora!) para que poidamos confeccionalas na casa e chupar os dedos; por suposto o ingrediente principal: a cabaza.
A miña máis sinceira noraboa a todas e todos os artistas que fixeron posible que nos deleitaramos co espectáculo.
Ata outra!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN