30/11/07

A CASA DOS LUCARIOS de TERESA MOURE



Teresa Moure, unha das nosas grandes escritoras contemporáneas, ofrece nesta novela curta a historia dunha familia a través das mudanzas e transformacións realizadas na súa vivenda ao longo de varias décadas.

Rosa e Chicho, cando perderon a súa terceira filla, decidiron instalarse en Ferreira. Alí levantaron unha casa de dúas plantas, coa cociña grande, pegada á corte, e dous cuartos máis para a xente miúda, ademais dun faiado. Despois, Chicho tiraría coa corte e construiría a taberna, onde cada noite apertaba o fol da súa gaita, e onde tamén Rosa acrecentaba as súas industrias de vendedora de pezas do enxoval. A vida ía manando paseniño, e a casa ía mudando segundo os momentos de dores e alegrías daquela familia.

Teresa Moure é autora das seguintes novelas: A xeira das árbores (2004), Premio Lueiro Rey 2004; Herba moura (Xerais 2005)- xa traducida a cinco linguas europeas- Premio Xerais de Novela 2005, Premio Irmandade do Libro á Autora do ano, 2005, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega 2005, Premio Benito Soto á mellor novela do ano 2005 e Premio da Crítica Española 2005; Benquerida catástrofe (Xerais 2007) e A Casa dos Lucarios (Xerais 2007). Publicou, ademais, os ensaios Outro idioma é posible (2005), Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2004 e A palabra das fillas de Eva (2005). Obtivo o premio Rafael Dieste 2007 pola súa peza dramática Unha primavera para Aldara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN