21/11/07

22 de novembro, Santa Cecilia, día da música.




No ano 1594 Santa Cecilia foi nomeada patrona da música polo Papa Gregorio XIII. A súa festa é o 22 de novembro, data que corresponde co seu nacemento e que foi adoptada mundialmente como Día da Música.
Xa as civilizacións grega e romana adoraban a divinidades musicais como as nove Musas (fillas de Zeus e Mnemosine) que inspiraban a músicos, poetas, dramaturgos, bailaríns, historiadores ou astrónomos, e tamén deuses músicos como Orfeo ou Apolo.

A boa música é unha fonte inagotable de pracer e felicidade. Celebra este día escoitando a mellor música que poidas, non lle poñas límite nin data, pecha os ollos e déixate levar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

PASEN E VEXAN